Nome: Ana María Gómez González
Datas nacemento/morte: Lugo 1902, Madrid 1995
Feitos destacados: Pintora surrealista
Maruxa Mallo foi a pintora máis relevante da xeración do 27, tardou moito tempo en ser recoñecida como un valor propio e non unha mera acompañante nesta xeración. Entre as súas amizades había nomes tan coñecidos como Buñuel, Dalí, García Lorca e María Zambrano, e foi parella de Rafael Alberti, con quen tamén tivo unha intensa colaboración artística.
En 1932, o Consello de Estudos Avanzados deulle unha pensión para mellorar as súas habilidades en París. Alí entra en contacto coa vangarda en maiúsculas. Coñece a Picasso, Miró, Péret, Aragón, Arp e por suposto aos surrealistas, entre eles André Breton.
Durante a república participou activamente nas misións pedagóxicas, coas que se achegou a Galicia, e aquí foi onde a sorprendeu a Guerra Civil. Fuxe a Lisboa, alí Gabriela Mistral, que era entón embaixadora de Chile, conséguelle un billete para Bos Aires. Maruxa Mallo comeza así os seus 25 anos no exilio.
Pingback: Maruxa Mallo · Marta Paz