Victoria Kent

Nome:Victoria Kent

Datas nacemento/morte:  Málaga 1889- NewYork 1987

Organización: Partido Radical Socialista

Feitos destacados: Feminista, Avogada e Política Republicana Española .

Nunha época na que as mulleres apenas tiñan intervención na vida pública foi a primeira muller en ingresar no colexio de avogados e primeira muller que actuaba ante o Tribunal Supremo de Guerra e Mariña no mundo.

Elixida en 1931 deputada polo Partido Radical Socialista nas Cortes Constituíntes por Madrid xunto con Clara Campoamor (PRR) coa que mantiña fortes discusións polo Sufraxio Feminino, ela defendía que a muller española non estaba preparada social nin politicamente  para a votar.

O goberno de Azaña nomeoulle directora xeral de Prisións (1931-34), continuando a labor emprendida pola súa predecesora, Dna. Concepción Areal, baixo o criterio de que as sociedades están obrigadas a recuperar o delincuente como persoa activa. Dende este cargo adicouse de cheo a gran reforma dos cárceres españois: pechou 114 centros penitenciarios por estar en malas condicións, creou o cárcere de mulleres de Las Ventas, eliminou o uso dos grifóns, promoveu a liberdade de culto nas prisións, a ampliación dos permisos por razóns familiares  e creou un corpo feminino de funcionarias de prisións… . O seu labor foi, sen dúbida, de vital importancia para a evolución do sistema penitenciario en España.

Coa chegada da guerra civil do 36, foi encargada polo Goberno da República de buscar asilo aos nenos exiliados en Francia, dende o seu posto de Primeira Secretaria da Embaixada de España en París. Máis tarde, xa en plena II Guerra Mundial, colabora na saída dos refuxiados españois cara a América. Ela, paradoxalmente, non pode fuxir, e permanecerá en París escondida durante os catro anos de ocupación nazi.

Victoria estivo exiliada 40 anos traballando infatigablemente, apaixonada e decidida adicou a súa vida a loitar por mellorar as condicións de vida non só das mulleres senón de todos os que se atopaban en condicións de inferioridade: persoas presas, orfas ou exiliadas.

Breve Biografía.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s