Luisa Viqueira Landa

Nome:Luisa Viqueira Landa

Datas nacemento/morte:  A Coruña, 1918- México 2014

Feitos destacados:

Republicana galega, integrante, como o seu pai Xoan Vicente Viqueira, da ILE (Institución Libre de Enseñanza). Republicana, a sublevación do 36 a sorprende en Ouces, consigue pasar por Francia a Barcelona,  aquí participa na evacuación dos “nenos da guerra” á URSS, onde está como voluntaria dando clases. Exiliada en México, onde pasará a súa vida, dedicase a axudar á poboación galega que tamén foran exiliada polo franquismo.

Comprometida co nacionalismo galego é gran defensora da nosa Lingua e Cultura. E nomeada republicana de Honra, no ano 2010, pola CRMH.

No 2014 morre no exilio e no 2015 os seus restos veñen para o cemiterio de Ouces.

luisaviqueiracadro

 

Advertisement

Exposición na Fábrica do Trece

A Fábrica do Trece convertirase no mes de decembro na Sala das mulleres republicanas “Herorinas”.

A inauguración será na Fábrica do Trece (División Azul, 13 – baixo) o Xoves día 4 de Decembro ás 21h

Heroinas” é unha serie de retratos de mulleres que non se conformaron coa vida que lles tocou vivir e loitaron por unha vida máis digna para as mulleres.

Nova exposición en Compostela

 

Temos o pracer de convocarvos a unha nova cita para presentar en Compostela o proxecto Máisquepublicanas.

Este é un proxecto de investigación pintada sobre as mulleres durante a república malva, conta coa participación do colectivo feminista Nomepisesofreghao
e Lola ferreiro na documentación e aos pinceis Marta Paz.

Este venres día 16 de Novembro estaremos a partir das 20:30 con Lola presentando na Libraría Lila (Rúa Travesa nº 7)

Despois, ás 21:30, continuaremos no bar As Dúas (Praza Oliveira) onde haberá petiscos amenizados pola música de Xosé Taboada e César Morán.

Non podes faltar!

Federica Montseny

 

Naceu o 12 de febreiro de 1905 en Barcelona. Filla de Teresa Mañé Miravet (de nome de guerra Soledad Gustavo) e de Juan Montseny Carrito (de nome de guerra Federico Urales), tanto ela coma el intelectuais libertari@s.

Federica foi criada e educada nos principios do comunismo libertario e comezou a colaborar na Revista Blanca (que editaban súa nai e seu pai) e noutros medios de comunicación (Solidaridad Obrera, por exemplo) aos 16 anos.

Ten unha ampla produción como escritora de ensaio (entre outras: La mujer, problema del hombre; e El anarquismo) narrativa (entre outras: Horas Trágicas; e La Victoria), historia (entre outras El éxodo. Pasión y muerte de españoles en el exilio; e Crónicas de la CNT) e artigos de opinión en diversos medios, que se prolonga durante toda a súa vida.

Afíliase á CNT en 1931 e posteriormente á FAI, onde desenvolve unha intensa actividade política e de construción ideolóxica.

Malia a que ela mesma dicía que non era feminista, senón humanista, moitas das súas actuacións diríxense á defensa dos dereitos das mulleres, polo que podemos indicar que o feito de non declararse feminista foi máis ben unha cuestión terminolóxica. De feito, ten moi boas relacións con “MUJERES LIBRES”, organización feminista e libertaria, desde o que foi o seu embrión (Grupo Cultural Femenino e Grupo redactor da Revista Mujeres Libres), e colabora con elas en diversos aspectos, nomeadamente na ideación dos “liberatorios de prostitución”.

O 4 de novembro de 1936 entra a formar parte do goberno de Largo Caballero como Ministra de Sanidade e Asistencia Social, xunto con outros tres anarquistas e despois de ter que resolver a contradición que lle supuña a unha libertaria entrar
a formar parte dun aparato de goberno. É a primeira muller que accede a unha responsabilidade deste tipo, despois de Alejandra Kollontai, que o fixera como Comisaria do Pobo para a Asistencia Pública (URSS, 1917).

Como Ministra destacamos o seu labor como creadora de colonias e campamentos infantís, para acoller criaturas evacuadas das zonas máis castigadas polos fascistas. Amparo Poch i Gascò, médica e feminista, cofundadora de “Mujeres Libres” e Directora Xeral de Asistencia Social no Ministerio, foi quen, xunto con Federica, ideou e desenvolveu este proxecto, que
incluía un modelo de intervención educativa libertaria.

Tamén destacamos a preparación dun proxecto para unha Lei de interrupción do embarazo, similar á que se aprobara en Catalunya en decembro de 1936, inspirada en gran medida por “Mujeres Libres”. Neste empeño contou coa
oposición frontal do resto dos membros do goberno. Finalmente a Lei non foi adiante pola caída do Goberno de Largo Caballero, o 17 de maio de 1937, tras os sucesos de Barcelona.

En abril de 1939 logra pasar a Francia e, tras a ocupación nazi é perseguida polos invasores e pola policía franquista, que mesmo pide a súa extradición, sen conseguila. Nestas circunstancias, logra saír do país e marcha a México, de onde regresa despois da liberación de Francia, para instalarse definitivamente en Toulouse. Aínda que desde 1977 visita o estado español en varias ocasións, nunca o fai coa intención de quedar.

Faleceu en Toulouse o 14 de xaneiro de 1994.

No faiado da memoria

No faiado da memoria, agochadas entre os lenzós do olvido, habitaban os nomes do río feminino libre de encoros e desalento. No seu navegar paseniño, por vegadas rápido fluir, foron licuando tropecentas pedras de tropezos impostos polo simples feito de seres mulleres e soñar espertas cun mar de posibilidades no que nadar horizonte comunal de mareas crecentes. Das profundidades do mito atlántico rexurden súas voces como faros de semántica lumínica para lembrarmonos o lume da súa esencia cristalina.
Mariñeiros e mariñeiras escoitan o canto do seu conto senlleiro trazando ronseis de prata na noite do recordo desatado.
Seica un día, unha guerreira de nome antigo Sweena, a da beleza radiante, sentada fronte ao mar divisou o camiño de regreso a illa das mulleres libres e disque viu seus rostros de sereas sereas no espello salgado das ondas. Nese intre, Sweena soubo que algún día recollería sobre as redes espidas dos lenzos a cadencia das súas facianas para eternizalas nun xogo de ollares vivos.
Velaiqui están desveladas as velas das súas dornas sen máis adorno que o da carne de cromosomas cromáticos feita cadro corazón. Démoslle a benvida a festa da memoria liberada que voa ceibe no clamorcósmico das tenras apertas inmortalizadas por Sweena.

Ana Pillado Vega

A Coruña, 9 de Agosto de 2012

 

Exposición “As históricas somos o máximo”

Invitación Exposición Pintura Marta Paz 2012

O proxecto MáisQuePublicanas preséntase na exposición de pinturas “As históricas somos o máximo”. Este traballo en proceso é unha homenaxe ás mulleres que construíron parte da nosa historia. A todas elas debemoslles moitos do dereitos que hoxe temos.

Durante a República e a guerra civil as mulleres xogaron un papel moi importante que poucas veces se reflexa nos libros de historia. Grazas as súas loitas e a enfrontarse, ás veces soas, a tradicións masculinas, a República convertiuse nun período de grandes logros para as mulleres: en educación, en sanidade, en dereitos sexuais e reproductivos… en xeral para traballar nunha sociedade mais igualitaria que se veu trucada por unha dura guerra na que elas tamén loitaron, non só na fronte, senón tamén tentando manter un sistema do que hoxe herdamos grandes dereitos como o voto, o divorcio, a participación na esfera pública…

Actualmente estamos a viver unha época de recortes de dereitos e liberdades que, en gran medida lles debemos a elas e que nos queren arrebatar, polo que é imprescindible que manteñamos viva a memoria que nos da forzas para seguir, para empoderarnos como elas fixeron. Por eso nesta exposición tamén teñen un lugar mulleres de hoxe, que tanto no privado como na rúa loitan por unha sociedade millor. Mulleres a veces invisíbeis aos ollos de quen narra a historia que agora son rescatadas do esquecemento nestes cadros.

Victoria Kent

Nome:Victoria Kent

Datas nacemento/morte:  Málaga 1889- NewYork 1987

Organización: Partido Radical Socialista

Feitos destacados: Feminista, Avogada e Política Republicana Española .

Nunha época na que as mulleres apenas tiñan intervención na vida pública foi a primeira muller en ingresar no colexio de avogados e primeira muller que actuaba ante o Tribunal Supremo de Guerra e Mariña no mundo.

Elixida en 1931 deputada polo Partido Radical Socialista nas Cortes Constituíntes por Madrid xunto con Clara Campoamor (PRR) coa que mantiña fortes discusións polo Sufraxio Feminino, ela defendía que a muller española non estaba preparada social nin politicamente  para a votar.

O goberno de Azaña nomeoulle directora xeral de Prisións (1931-34), continuando a labor emprendida pola súa predecesora, Dna. Concepción Areal, baixo o criterio de que as sociedades están obrigadas a recuperar o delincuente como persoa activa. Dende este cargo adicouse de cheo a gran reforma dos cárceres españois: pechou 114 centros penitenciarios por estar en malas condicións, creou o cárcere de mulleres de Las Ventas, eliminou o uso dos grifóns, promoveu a liberdade de culto nas prisións, a ampliación dos permisos por razóns familiares  e creou un corpo feminino de funcionarias de prisións… . O seu labor foi, sen dúbida, de vital importancia para a evolución do sistema penitenciario en España.

Coa chegada da guerra civil do 36, foi encargada polo Goberno da República de buscar asilo aos nenos exiliados en Francia, dende o seu posto de Primeira Secretaria da Embaixada de España en París. Máis tarde, xa en plena II Guerra Mundial, colabora na saída dos refuxiados españois cara a América. Ela, paradoxalmente, non pode fuxir, e permanecerá en París escondida durante os catro anos de ocupación nazi.

Victoria estivo exiliada 40 anos traballando infatigablemente, apaixonada e decidida adicou a súa vida a loitar por mellorar as condicións de vida non só das mulleres senón de todos os que se atopaban en condicións de inferioridade: persoas presas, orfas ou exiliadas.

Breve Biografía.

Clara Campoamor

Nome:Clara Campoamor

Datas nacemento/morte:  Madrid 1888- Lausana 1972

Organización: Partido Republicano Radical.

Feitos destacados: Feminista, Avogada e Política Republicana Española .

Ao proclamarse a Segunda República, Clara Campoamor foi elixida deputada -en 1931 as mulleres podían ser elixidas, pero non ser electoras- integrando as listas do Partido Radical, ao que se afiliara por proclamarse este “republicano, liberal, laico e democrático”: o seu propio ideario político.

Muller política, republicana e liberal española, defensora dos dereitos das mulleres e impulsora do sufraxio feminino. Formou parte da Comisión Constitucional encargada de elaborar o proxecto de Constitución da nova República e integrada por 21 deputados, e alí loitou eficazmente para establecer a non discriminación por razón de sexo, a igualdade xurídica dos fillos e fillas dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal, a miúdo chamado “voto feminino”. Conseguiu todo, agás o relativo ao voto, que tivo que debaterse no Parlamento.

En decembro de 1931 a Constitución aprobou o voto a todos os cidadáns maiores de 23 anos, sen distinción de sexo.
Durante 1931-33 foi delegada de España ante a Sociedade de Nacións e fundou a Unión Republicana Feminista, para traballar polo voto feminino.

Despois do golpe militar de 1936, Clara fuxiu de Madrid e viviu en Francia onde publicou o seu libro en 1937: “A revolución española vista por unha republicana”. No exilio viviu tamén en Arxentina onde seguiu escribindo e traballando de tradutora. Cando quixo volver a España, a comezos de 1950, non se lle permitiu por pertencer á loxa masónica Reivindicación. A ditadura militar de Franco só lle permitía entrar, se delataba outros masóns españois; Clara elixiu o ostracismo e o exilio. En 1955 instalouse en Lausana, Suíza, exercendo de avogada ata que perdeu a vista.

A loita desta valente muller, liberal e independente, contribuíu ao avance da Democracia, ao camiño de igualdade entre homes e mulleres.

Cita destacada: “Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar , a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras”

Breve biografía

campoamor