Pasionaria

Nome: Dolores Ibárruri Gómez

Datas nacemento/morte: Bizkaia 9 de decembro de 1985 – Madrid 12 de novembro de 1989.

Organización: Partido Comunista de España

Feitos destacados:

A Pasionaria destacou como política na Segunda República Española e na Guerra Civil coma dirixente do Partido Comunista de España. Á súa loita política uniu a loita polos dereitos das mulleres para demostrar que as mulleres, foran da condición que fosen, eran seres libres para elixir o seu destino. Chegou a formar parte do Comité Central do PCE en 1930 e ao ano seguinte presentouse ás eleccións ás Cortes Constituíntes, pero a súa candidatura non saíu elixida. En 1931 trasladouse a Madrid para traballar na redacción do xornal do Partido, Mundo Obreiro. En 1933 foi presidenta da recen fundada Unión de Mulleres Antifascistas.

Foi encarcerada varias veces debido aos seus fortes e punzantes discursos e á súa activa militancia nas manifestacións comunistas. Pouco tempo despois destacou no Congreso dos Deputados da República como deputada do PCE por Asturias. Figura relevante durante a Guerra Civil, foi elixida vicepresidenta das Cortes republicanas en 1937. Durante este período converteuse nun mito para unha parte de España. Foi famosa polas súas arengas en favor da causa republicana. O seu lema foi «Non pasarán!» acuñado durante a defensa de Madrid. Trala Guerra Civil exiliouse na Unión Soviética , continuando o seu labor como representante de España na Internacional Comunista.

Regresou a España tras a morte de Franco e a transición á democracia, resultando elixida de novo deputada por Asturias (1977). Mesmo entón permaneceu aferrada aos vellos ideais do comunismo prosoviético, que apenas tiñan xa eco nin na sociedade española nin no PCE; nunca abandonou a súa actividade e morreu en 1989, ano en que caeu ironicamente o Muro de Berlín, á idade de noventa e catro anos e na súa cidade natal.

Breve Biografia

pasionaria

Juana Capdevielle

Nome: Juana Capdevielle

Datas nacemento/morte:  Madrid 1905 – Monte da Gándara 1936

Organización:

Feitos destacados:

Juana cursou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios,  tamén na capital madrileña exerceu a súa profesión na Facultade de Filosofía e Letras e no Ateneo. Participou nas Primeras Jornadas Eugénicas Españolas de Genética, Eugenesia y Pedagogía Sexual, que tiveron lugar en Madrid en 1934.  A súa conferencia versou sobre o problema do amor no ambiente universitario e nela rebateu as teorías de Nóvoa Santos e Sender, ao tempo que expuxo unha concepción do amor asentada sobre os postulados da valentía e da sinceridade, da liberdade e da consciencia que caracterizan a súa sinxela e forte personalidade.

Cando tivo lugar o levantamento militar, permaneceu xunto ao seu home o gobernador civil da Coruña ata o 20 de xullo, día en que se prepara a digna resistencia do goberno civil. O 24 de xullo foi asasinado o gobernador e ela foi detida e encarcerada na Coruña. A primeiros do mes de agosto saíu do cárcere coa prohibición de permanecer na Coruña e foi recollida en Vilaboa (Culleredo), na casa do deputado de Izquierda Republicana Vitorino Veiga. Aí recibiu o 18 de agosto a orde de deportación que non lle deu tempo a cumprir, pois esa mesma noite foi buscala a Garda Civil e á mañá seguinte apareceu o seu cadáver no Km. 526 da estrada Madrid-A Coruña, no Monte da Gándara, ás aforas de Rábade (Lugo).

Juana Capdevielle no Albúm de Mulleres

Carmen Fernández Seguín

Nome: Carmen Fernández Seguín.

Datas nacemento/morte: Coalloso, 1905- Sandiás, 1999

Organización: PCE/Mundo Obrero [el periódico del PCE]

Feitos destacados:
Carmen subministradora de víveres das guerrillas antifranquistas en Galicia. En 1950 marchou a Ávila para establecer contacto cos gruposguerrileros da zona xunto ao seu fillo, Perfecto de Deus. Ambos os dous foron detidos, sendo o seu fillo fusilado e ela condenada en Ourense a 30 anos de cárcere. Pasou 13 anos en distintos penais e destacou pola súa actividade clandestina organizando células comunistas nas prisións, colaborando con Mundo Obreiro e levando a cabo distintos tipos de protestas e folgas. Unha vez en liberdade trasladouse a Sandiás, onde nunca divulgou as súas actividades fóra dun reducido grupo de familiares.

La sombra muda de la guerrillera | Breve Biografía

Maruxa Mallo

Nome: Ana María Gómez González

Datas nacemento/morte: Lugo 1902, Madrid 1995

Feitos destacados: Pintora surrealista

Maruxa Mallo foi a pintora máis relevante da xeración do 27, tardou moito tempo en ser recoñecida como un valor propio e non unha mera acompañante nesta xeración. Entre as súas amizades había nomes tan coñecidos como Buñuel, Dalí, García Lorca e María Zambrano, e foi parella de Rafael Alberti, con quen tamén tivo unha intensa colaboración artística.

En 1932, o Consello de Estudos Avanzados deulle unha pensión para mellorar as súas habilidades en París. Alí entra en contacto coa vangarda en maiúsculas. Coñece a Picasso, Miró, Péret, Aragón, Arp e por suposto aos surrealistas, entre eles André Breton.

Durante a república participou activamente nas misións pedagóxicas, coas que se achegou a Galicia, e aquí foi onde a sorprendeu a Guerra Civil.  Fuxe a Lisboa, alí  Gabriela Mistral, que era entón embaixadora de Chile, conséguelle un billete para Bos Aires. Maruxa Mallo comeza así os seus 25 anos no exilio.

Maruja Mallo, vangarda e compromiso

Enriqueta Otero

Nome: Enriqueta Otero

Datas nacemento/morte: Morreu o último día de outubro de 1989

Organización: PCE

Feitos destacados:
Ao estalar a Guerra Civil, adicouse á evacuación de cativos ao Levante. Logo traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel, no que fixo parte do Comité de Control Obreiro. En xaneiro de 1937, incorporouse como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro, na Primeira Brigada Móbil de Choque da 46ª División, dirixida por Valentín González, El Campesino . Participou na creación de varios fogares-soldado ou hospitais-escola. Fíxose cargo dunha gardaría para os fillos dos soldados, montou algúns hospitais e organizou un hotel de repouso para as viúvas e compañeiras dos soldados, todo na provincia de Alicante.
Foi unha das poucas mulleres guerrilleiras que se viron obrigadas a resistir no monte, e os seus sete anos de maquis o confirman. Tivo varios encontros armados coa garda civil, tendo que empregar granadas de man nalgunha ocasión, e sendo a mobilidade continua o factor que fixo desta e en xeral de todas as partidas, que aguantasen anos nos montes. Localizada a súa situación nunha casa habitual onde se escondían e editaban propaganda, Enriqueta defendeuse ata esgotar a munición, e foi capturada ferida grave, pero aínda que foi trasladada e operada con rapidez, as torturas empregadas contra ela aínda convalecente das súas lesións, fixeron que non aguantase e supuxo a detención de corenta persoas entre fuxidos e enlaces.

Nos últimos días da guerra civil foi recluída pola Xunta de Defensa de Madrid no cárcere de Vendas con outras militantes comunistas, pero logrou capitanear unha fuga masiva e tomar un tren ata Lugo. En Galicia incorporouse á guerrilla co alcume de María Dolores e resultou ferida en varios enfrontamentos armados. En 1946 foi detida nas proximidades da capital lucense pola Garda Civil. Condenada a morte acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade, unha campaña internacional de solidariedade logrou a conmutación da pena e estivo presa durante 19 anos en diversos cárceres españois.

Enriqueta otero no Album de mulleres

María Casares

Nome: María Casares

Datas nacemento/morte: 21 de novembro de 1922 na Coruña/Faleceu o 22 de novembro de 1996

Feitos destacados:
Actriz de profesión, tras o estourido da guerra civil exiliouse coa súa nai a París. Aínda non cumprira ben os catorce anos cando chegou a Francia fuxindo da barbarie golpista de 1936, por ser filla de Santiago Casares Quiroga, home forte do goberno de Manuel Azaña nos ilusionantes tempos da República.

Citas destacadas:
Adaptarse. Un poder que non lle é dado a todo o mundo; é un privilexio. Porque para adaptarse, sen perder con iso, é preciso un certo sentido da existencia; innato, penso; fai falla un ouvido agudo e unha ollada de aguia; fai falla moita comprensión e o desexo de comprender; son necesarios tamén un obxectivo ou obxectivos, unha razón ou razóns; ou ben, simplemente unha ardente vontade de vivir por vivir; ou ben cargas e responsabilidades; hai que ter unha idade en que as raíces poidan prender en calquera parte, ou ben as esperanzas de voltar a atopalas un día onde se deixaron. Fai falta, en fin unha saúde, unha grande vitalidade, circunstancias felices e ¡sorte!.

María Casares no Album de mulleres

Isabel Ríos Lazcano

Nome: Isabel Ríos Lazcano

Datas nacemento/morte: Curtis 1907, Madrid 1997

Organización: PCE

Feitos destacados:  Funcionaria de Facenda xulgada en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.

Organizadora co seu home, Manuel Calvelo, da primeira célula do PCE de Curtis en 1934, foi detida en agosto de 1936, despois de andar agachada varios días. Ferida de dous tiros de escopeta, foi levada ao Hospital de Santiago e despois ao cárcere. O seu home foi fusilado en decembro de 1936 e ela condenada a morte, pena conmutada pola de reclusión perpetua. Separada do servicio e con revisión de pena, durante sete anos estivo nos cárceres de Santiago, Saturrarán (Gupúzcoa) e Betanzos, de onde saíu en liberdade condicional en 1943. Malia estar constantemente vixiada, reanudou a colaboración co Partido Comunista e organizou unha rede de apoio aos guerrilleiros. En 1946 decidiu marchar a Arxentina, pola presión e vixianza a que estaba sometida. O seu regreso a España produciuse en 1975: reingresou no Ministerio de Facenda en 1977 e traballou algo máis dun ano até a súa xubilación.

Isabel Ríos no Album de mulleres

Basilisa Álvarez “A Corales”

Nome: Basilisa Álvarez “A Corales”

Datas nacemento/morte: Tui – A coruña (aos 46 anos)

Organización: Obreira e afiliada á CNT, Sección de empacadoras do “Sindicato de Industrias pesqueiras”.

Feitos destacados:
De orixe moi humilde, sendo moi noviña exerceu de traballadora sexual, máis tarde foi vendedora de peixe e a sua natureza solidaria levouna a participar activamente da vida sindical. Moi popular no barrio de Monte Alto (vivía en Atocha Alta) pola súa humanidade, solidariedade e compromiso antifascista. Participou nas redes de apoio a persoas fuxidas e represaliadas, que recibía na súa casa; por este motivo foi detida e xulgada na Coruña por rebelión co resultado de prisión 20 anos o 16 de novembro de 1938.

O derrubo da memoria