Victoria Kent

Nome:Victoria Kent

Datas nacemento/morte:  Málaga 1889- NewYork 1987

Organización: Partido Radical Socialista

Feitos destacados: Feminista, Avogada e Política Republicana Española .

Nunha época na que as mulleres apenas tiñan intervención na vida pública foi a primeira muller en ingresar no colexio de avogados e primeira muller que actuaba ante o Tribunal Supremo de Guerra e Mariña no mundo.

Elixida en 1931 deputada polo Partido Radical Socialista nas Cortes Constituíntes por Madrid xunto con Clara Campoamor (PRR) coa que mantiña fortes discusións polo Sufraxio Feminino, ela defendía que a muller española non estaba preparada social nin politicamente  para a votar.

O goberno de Azaña nomeoulle directora xeral de Prisións (1931-34), continuando a labor emprendida pola súa predecesora, Dna. Concepción Areal, baixo o criterio de que as sociedades están obrigadas a recuperar o delincuente como persoa activa. Dende este cargo adicouse de cheo a gran reforma dos cárceres españois: pechou 114 centros penitenciarios por estar en malas condicións, creou o cárcere de mulleres de Las Ventas, eliminou o uso dos grifóns, promoveu a liberdade de culto nas prisións, a ampliación dos permisos por razóns familiares  e creou un corpo feminino de funcionarias de prisións… . O seu labor foi, sen dúbida, de vital importancia para a evolución do sistema penitenciario en España.

Coa chegada da guerra civil do 36, foi encargada polo Goberno da República de buscar asilo aos nenos exiliados en Francia, dende o seu posto de Primeira Secretaria da Embaixada de España en París. Máis tarde, xa en plena II Guerra Mundial, colabora na saída dos refuxiados españois cara a América. Ela, paradoxalmente, non pode fuxir, e permanecerá en París escondida durante os catro anos de ocupación nazi.

Victoria estivo exiliada 40 anos traballando infatigablemente, apaixonada e decidida adicou a súa vida a loitar por mellorar as condicións de vida non só das mulleres senón de todos os que se atopaban en condicións de inferioridade: persoas presas, orfas ou exiliadas.

Breve Biografía.

Clara Campoamor

Nome:Clara Campoamor

Datas nacemento/morte:  Madrid 1888- Lausana 1972

Organización: Partido Republicano Radical.

Feitos destacados: Feminista, Avogada e Política Republicana Española .

Ao proclamarse a Segunda República, Clara Campoamor foi elixida deputada -en 1931 as mulleres podían ser elixidas, pero non ser electoras- integrando as listas do Partido Radical, ao que se afiliara por proclamarse este “republicano, liberal, laico e democrático”: o seu propio ideario político.

Muller política, republicana e liberal española, defensora dos dereitos das mulleres e impulsora do sufraxio feminino. Formou parte da Comisión Constitucional encargada de elaborar o proxecto de Constitución da nova República e integrada por 21 deputados, e alí loitou eficazmente para establecer a non discriminación por razón de sexo, a igualdade xurídica dos fillos e fillas dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal, a miúdo chamado “voto feminino”. Conseguiu todo, agás o relativo ao voto, que tivo que debaterse no Parlamento.

En decembro de 1931 a Constitución aprobou o voto a todos os cidadáns maiores de 23 anos, sen distinción de sexo.
Durante 1931-33 foi delegada de España ante a Sociedade de Nacións e fundou a Unión Republicana Feminista, para traballar polo voto feminino.

Despois do golpe militar de 1936, Clara fuxiu de Madrid e viviu en Francia onde publicou o seu libro en 1937: “A revolución española vista por unha republicana”. No exilio viviu tamén en Arxentina onde seguiu escribindo e traballando de tradutora. Cando quixo volver a España, a comezos de 1950, non se lle permitiu por pertencer á loxa masónica Reivindicación. A ditadura militar de Franco só lle permitía entrar, se delataba outros masóns españois; Clara elixiu o ostracismo e o exilio. En 1955 instalouse en Lausana, Suíza, exercendo de avogada ata que perdeu a vista.

A loita desta valente muller, liberal e independente, contribuíu ao avance da Democracia, ao camiño de igualdade entre homes e mulleres.

Cita destacada: “Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar , a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras”

Breve biografía

campoamor