Maruxa Mallo

Nome: Ana María Gómez González

Datas nacemento/morte: Lugo 1902, Madrid 1995

Feitos destacados: Pintora surrealista

Maruxa Mallo foi a pintora máis relevante da xeración do 27, tardou moito tempo en ser recoñecida como un valor propio e non unha mera acompañante nesta xeración. Entre as súas amizades había nomes tan coñecidos como Buñuel, Dalí, García Lorca e María Zambrano, e foi parella de Rafael Alberti, con quen tamén tivo unha intensa colaboración artística.

En 1932, o Consello de Estudos Avanzados deulle unha pensión para mellorar as súas habilidades en París. Alí entra en contacto coa vangarda en maiúsculas. Coñece a Picasso, Miró, Péret, Aragón, Arp e por suposto aos surrealistas, entre eles André Breton.

Durante a república participou activamente nas misións pedagóxicas, coas que se achegou a Galicia, e aquí foi onde a sorprendeu a Guerra Civil.  Fuxe a Lisboa, alí  Gabriela Mistral, que era entón embaixadora de Chile, conséguelle un billete para Bos Aires. Maruxa Mallo comeza así os seus 25 anos no exilio.

Maruja Mallo, vangarda e compromiso

María Casares

Nome: María Casares

Datas nacemento/morte: 21 de novembro de 1922 na Coruña/Faleceu o 22 de novembro de 1996

Feitos destacados:
Actriz de profesión, tras o estourido da guerra civil exiliouse coa súa nai a París. Aínda non cumprira ben os catorce anos cando chegou a Francia fuxindo da barbarie golpista de 1936, por ser filla de Santiago Casares Quiroga, home forte do goberno de Manuel Azaña nos ilusionantes tempos da República.

Citas destacadas:
Adaptarse. Un poder que non lle é dado a todo o mundo; é un privilexio. Porque para adaptarse, sen perder con iso, é preciso un certo sentido da existencia; innato, penso; fai falla un ouvido agudo e unha ollada de aguia; fai falla moita comprensión e o desexo de comprender; son necesarios tamén un obxectivo ou obxectivos, unha razón ou razóns; ou ben, simplemente unha ardente vontade de vivir por vivir; ou ben cargas e responsabilidades; hai que ter unha idade en que as raíces poidan prender en calquera parte, ou ben as esperanzas de voltar a atopalas un día onde se deixaron. Fai falta, en fin unha saúde, unha grande vitalidade, circunstancias felices e ¡sorte!.

María Casares no Album de mulleres