Pasionaria

Nome: Dolores Ibárruri Gómez

Datas nacemento/morte: Bizkaia 9 de decembro de 1985 – Madrid 12 de novembro de 1989.

Organización: Partido Comunista de España

Feitos destacados:

A Pasionaria destacou como política na Segunda República Española e na Guerra Civil coma dirixente do Partido Comunista de España. Á súa loita política uniu a loita polos dereitos das mulleres para demostrar que as mulleres, foran da condición que fosen, eran seres libres para elixir o seu destino. Chegou a formar parte do Comité Central do PCE en 1930 e ao ano seguinte presentouse ás eleccións ás Cortes Constituíntes, pero a súa candidatura non saíu elixida. En 1931 trasladouse a Madrid para traballar na redacción do xornal do Partido, Mundo Obreiro. En 1933 foi presidenta da recen fundada Unión de Mulleres Antifascistas.

Foi encarcerada varias veces debido aos seus fortes e punzantes discursos e á súa activa militancia nas manifestacións comunistas. Pouco tempo despois destacou no Congreso dos Deputados da República como deputada do PCE por Asturias. Figura relevante durante a Guerra Civil, foi elixida vicepresidenta das Cortes republicanas en 1937. Durante este período converteuse nun mito para unha parte de España. Foi famosa polas súas arengas en favor da causa republicana. O seu lema foi «Non pasarán!» acuñado durante a defensa de Madrid. Trala Guerra Civil exiliouse na Unión Soviética , continuando o seu labor como representante de España na Internacional Comunista.

Regresou a España tras a morte de Franco e a transición á democracia, resultando elixida de novo deputada por Asturias (1977). Mesmo entón permaneceu aferrada aos vellos ideais do comunismo prosoviético, que apenas tiñan xa eco nin na sociedade española nin no PCE; nunca abandonou a súa actividade e morreu en 1989, ano en que caeu ironicamente o Muro de Berlín, á idade de noventa e catro anos e na súa cidade natal.

Breve Biografia

pasionaria

Advertisement

Carmen Fernández Seguín

Nome: Carmen Fernández Seguín.

Datas nacemento/morte: Coalloso, 1905- Sandiás, 1999

Organización: PCE/Mundo Obrero [el periódico del PCE]

Feitos destacados:
Carmen subministradora de víveres das guerrillas antifranquistas en Galicia. En 1950 marchou a Ávila para establecer contacto cos gruposguerrileros da zona xunto ao seu fillo, Perfecto de Deus. Ambos os dous foron detidos, sendo o seu fillo fusilado e ela condenada en Ourense a 30 anos de cárcere. Pasou 13 anos en distintos penais e destacou pola súa actividade clandestina organizando células comunistas nas prisións, colaborando con Mundo Obreiro e levando a cabo distintos tipos de protestas e folgas. Unha vez en liberdade trasladouse a Sandiás, onde nunca divulgou as súas actividades fóra dun reducido grupo de familiares.

La sombra muda de la guerrillera | Breve Biografía

Enriqueta Otero

Nome: Enriqueta Otero

Datas nacemento/morte: Morreu o último día de outubro de 1989

Organización: PCE

Feitos destacados:
Ao estalar a Guerra Civil, adicouse á evacuación de cativos ao Levante. Logo traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel, no que fixo parte do Comité de Control Obreiro. En xaneiro de 1937, incorporouse como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro, na Primeira Brigada Móbil de Choque da 46ª División, dirixida por Valentín González, El Campesino . Participou na creación de varios fogares-soldado ou hospitais-escola. Fíxose cargo dunha gardaría para os fillos dos soldados, montou algúns hospitais e organizou un hotel de repouso para as viúvas e compañeiras dos soldados, todo na provincia de Alicante.
Foi unha das poucas mulleres guerrilleiras que se viron obrigadas a resistir no monte, e os seus sete anos de maquis o confirman. Tivo varios encontros armados coa garda civil, tendo que empregar granadas de man nalgunha ocasión, e sendo a mobilidade continua o factor que fixo desta e en xeral de todas as partidas, que aguantasen anos nos montes. Localizada a súa situación nunha casa habitual onde se escondían e editaban propaganda, Enriqueta defendeuse ata esgotar a munición, e foi capturada ferida grave, pero aínda que foi trasladada e operada con rapidez, as torturas empregadas contra ela aínda convalecente das súas lesións, fixeron que non aguantase e supuxo a detención de corenta persoas entre fuxidos e enlaces.

Nos últimos días da guerra civil foi recluída pola Xunta de Defensa de Madrid no cárcere de Vendas con outras militantes comunistas, pero logrou capitanear unha fuga masiva e tomar un tren ata Lugo. En Galicia incorporouse á guerrilla co alcume de María Dolores e resultou ferida en varios enfrontamentos armados. En 1946 foi detida nas proximidades da capital lucense pola Garda Civil. Condenada a morte acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade, unha campaña internacional de solidariedade logrou a conmutación da pena e estivo presa durante 19 anos en diversos cárceres españois.

Enriqueta otero no Album de mulleres

Isabel Ríos Lazcano

Nome: Isabel Ríos Lazcano

Datas nacemento/morte: Curtis 1907, Madrid 1997

Organización: PCE

Feitos destacados:  Funcionaria de Facenda xulgada en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.

Organizadora co seu home, Manuel Calvelo, da primeira célula do PCE de Curtis en 1934, foi detida en agosto de 1936, despois de andar agachada varios días. Ferida de dous tiros de escopeta, foi levada ao Hospital de Santiago e despois ao cárcere. O seu home foi fusilado en decembro de 1936 e ela condenada a morte, pena conmutada pola de reclusión perpetua. Separada do servicio e con revisión de pena, durante sete anos estivo nos cárceres de Santiago, Saturrarán (Gupúzcoa) e Betanzos, de onde saíu en liberdade condicional en 1943. Malia estar constantemente vixiada, reanudou a colaboración co Partido Comunista e organizou unha rede de apoio aos guerrilleiros. En 1946 decidiu marchar a Arxentina, pola presión e vixianza a que estaba sometida. O seu regreso a España produciuse en 1975: reingresou no Ministerio de Facenda en 1977 e traballou algo máis dun ano até a súa xubilación.

Isabel Ríos no Album de mulleres