Enriqueta Otero

Nome: Enriqueta Otero

Datas nacemento/morte: Morreu o último día de outubro de 1989

Organización: PCE

Feitos destacados:
Ao estalar a Guerra Civil, adicouse á evacuación de cativos ao Levante. Logo traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel, no que fixo parte do Comité de Control Obreiro. En xaneiro de 1937, incorporouse como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro, na Primeira Brigada Móbil de Choque da 46ª División, dirixida por Valentín González, El Campesino . Participou na creación de varios fogares-soldado ou hospitais-escola. Fíxose cargo dunha gardaría para os fillos dos soldados, montou algúns hospitais e organizou un hotel de repouso para as viúvas e compañeiras dos soldados, todo na provincia de Alicante.
Foi unha das poucas mulleres guerrilleiras que se viron obrigadas a resistir no monte, e os seus sete anos de maquis o confirman. Tivo varios encontros armados coa garda civil, tendo que empregar granadas de man nalgunha ocasión, e sendo a mobilidade continua o factor que fixo desta e en xeral de todas as partidas, que aguantasen anos nos montes. Localizada a súa situación nunha casa habitual onde se escondían e editaban propaganda, Enriqueta defendeuse ata esgotar a munición, e foi capturada ferida grave, pero aínda que foi trasladada e operada con rapidez, as torturas empregadas contra ela aínda convalecente das súas lesións, fixeron que non aguantase e supuxo a detención de corenta persoas entre fuxidos e enlaces.

Nos últimos días da guerra civil foi recluída pola Xunta de Defensa de Madrid no cárcere de Vendas con outras militantes comunistas, pero logrou capitanear unha fuga masiva e tomar un tren ata Lugo. En Galicia incorporouse á guerrilla co alcume de María Dolores e resultou ferida en varios enfrontamentos armados. En 1946 foi detida nas proximidades da capital lucense pola Garda Civil. Condenada a morte acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade, unha campaña internacional de solidariedade logrou a conmutación da pena e estivo presa durante 19 anos en diversos cárceres españois.

Enriqueta otero no Album de mulleres

Advertisements

Un comentario

  1. Pingback: Enriqueta Otero · Marta Paz


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s