Exposición de pinturas

  1. Basilisa Álvarez “A Corales
  2. Isabel Ríos Lazcano
  3. María Casares
  4. Enriqueta Otero
  5. Maruxa Mallo
  6. Carmen Fernández Seguín
  7. Juana Capdevielle
  8. Pasionaria
  9. Clara Campoamor
  10. Victoria Kent
  11. Federica Montseny

Luisa Viqueira Landa

Nome:Luisa Viqueira Landa Datas nacemento/morte:  A Coruña, 1918- México 2014 Feitos destacados: Republicana galega, integrante, como o seu pai Xoan Vicente Viqueira, da ILE (Institución Libre de Enseñanza). Republicana, a sublevación do 36 a sorprende en Ouces, consigue pasar por Francia a Barcelona,  aquí participa na evacuación dos “nenos da guerra” á URSS, onde está … Seguir lendo

“Heroínas” na nova libraría Berbiriana

As “Heroínas” seguen viaxando polos locais culturais da cidade, e foron parar á recentemente inaugurada libraría Berbiriana (libros e grolos), un lugar onde poder ler e tomar algo, un lugar tranquilo e reconfortante, un lugar perfecto para ir visitar ás “Heroínas”. Berbiriana está na Rúa Santiago nº 7,

Exposición en Alexandre Bóveda

Exposición de pinturas de Marta Paz Inauguración o próximo xoves 5 de Marzo as 20’00h na asociación cultural A.c. Alexandre Bóveda. Olmos, 16-1º Presentación a cargo de Victoria Louro Ferreiro (Responsable da Comisión da Muller da ACAB) “Heroinas” é unha serie de retratos de mulleres que non se conformaron coa vida que lles tocou vivir … Seguir lendo

Exposición na Fábrica do Trece

A Fábrica do Trece convertirase no mes de decembro na Sala das mulleres republicanas “Herorinas”. A inauguración será na Fábrica do Trece (División Azul, 13 – baixo) o Xoves día 4 de Decembro ás 21h “Heroinas” é unha serie de retratos de mulleres que non se conformaron coa vida que lles tocou vivir e loitaron … Seguir lendo

Nova exposición en Compostela

  Temos o pracer de convocarvos a unha nova cita para presentar en Compostela o proxecto Máisquepublicanas. Este é un proxecto de investigación pintada sobre as mulleres durante a república malva, conta coa participación do colectivo feminista Nomepisesofreghao e Lola ferreiro na documentación e aos pinceis Marta Paz. Este venres día 16 de Novembro estaremos a … Seguir lendo

Federica Montseny

  Naceu o 12 de febreiro de 1905 en Barcelona. Filla de Teresa Mañé Miravet (de nome de guerra Soledad Gustavo) e de Juan Montseny Carrito (de nome de guerra Federico Urales), tanto ela coma el intelectuais libertari@s. Federica foi criada e educada nos principios do comunismo libertario e comezou a colaborar na Revista Blanca (que editaban súa … Seguir lendo

No faiado da memoria

No faiado da memoria, agochadas entre os lenzós do olvido, habitaban os nomes do río feminino libre de encoros e desalento. No seu navegar paseniño, por vegadas rápido fluir, foron licuando tropecentas pedras de tropezos impostos polo simples feito de seres mulleres e soñar espertas cun mar de posibilidades no que nadar horizonte comunal de … Seguir lendo